CONDICIÓNS XERAIS DE USO

1. Información xeral

Estas condicións xerais de uso e venda de entradas regulan o uso do sitio web entradaslugo.es (en diante "entradaslugo.es") da que o Concello de Lugo, con CIF P2702800J e domicilio na praza Maior, 1, 27001 de Lugo, é titular e propietario único.

A través do sitio entradaslugo.es, o Concello de Lugo proporciona información acerca das actividades que programa e organiza o Concello, e ofrece a posibilidade de comprar online as entradas correspondentes para acceder aos espectáculos.

2. Rexistro de persoas usuarias

Para a correcta tramitación das compras a través de entradaslugo.es, hai que rexistrarse como "usuario", completando o formulario de rexistro e seguindo os pasos que o Concello establece para tal fin. A condición de persoa usuaria supón a aceptación das condicións xerais de uso e venda de entradas aquí publicadas.

O contido recollido no espazo entradaslugo.es diríxese exclusivamente a un público maior de idade, independentemente de que se proporcione información e se comercialicen entradas de eventos orientados a un público menor de idade. Polo tanto, o Concello queda excluído de calquera responsabilidade no acceso de menores de idade aos contidos incluídos en entradaslugo.es. Será responsabilidade do seu pai ou da súa nai ou titores ou titoras exercer un control axeitado sobre a actividade dos seus fillos e fillas ou menores ao seu cargo.

3. Compra de entradas

O sitio web entradaslugo.es informa ás persoas usuarias do número de entradas dispoñibles para cada evento, segundo as existencias dispoñibles no momento da compra.

O Concello resérvase o dereito de establecer o tempo no que as entradas estarán dispoñibles para a súa venda no sitio web entradaslugo.es. De acordo con isto, a venda online suspenderase tres horas antes da hora de inicio de cada espectáculo. As entradas sobrantes, se as houbese, poranse á venda ao mesmo prezo no despacho de billetes do Auditorio ou nos lugares alternativos que se indiquen.

Na compra online, o cliente ou clienta deberá aboar o importe correspondente á súa compra mediante pagamento a través de tarxeta de crédito ou débito (Visa, Mastercard e/ou outras tarxetas análogas) baseándose no sistema de TPV establecido no sitio entradaslugo.es. O pagamento con tarxeta realízase a través de ABanca e está suxeito aos seus protocolos de seguridade.

Unha vez formalizada a compra, mediante a aceptación das condicións xerais de uso e a confirmación do proceso de pagamento, o Concello enviaralle un correo electrónico ao cliente ou clienta que conterá a totalidade das entradas adquiridas e as indicacións necesarias para o cambio destas. Ademais, as entradas estarán a disposición do cliente ou da clienta no seu espazo privado do web.

4. Seguridade do sistema

O Concello contará coas medidas de seguridade comercialmente dispoñibles, e razoablemente esixibles, no sector. Ademais, o proceso de pagamento funciona sobre un servidor seguro utilizando o protocolo SSL (Secure Socket Layer). O servidor establece unha conexión, de modo que a información se transmite cifrada mediante algoritmos de 128 bits, que aseguran que só sexa intelixible para o ordenador do cliente ou clienta ou persoal usuario e o do sitio entradaslugo.es. Desta forma, garántese:

  1. Que a clientela ou a persoa usuaria está comunicándolle os seus datos ao servidor do Concello e non a calquera outro que intentase facerse pasar por esta.
  2. Que entre a clientela ou persoa usuaria e o servidor do Concello os datos se transmiten cifrados, evitando a súa posible lectura ou manipulación por terceiras persoas.

O Concello velará, na medida do razoablemente posible, polo correcto funcionamento de entradaslugo.es, a corrección do seu contido e a veracidade do publicado nel. Non obstante, o Concello non se responsabiliza do posible mal uso que clientes, clientas ou persoas usuarias poidan facer do contido publicado.

Co fin de manter o anteriormente exposto, o Concello velará pola seguridade informática dos soportes técnicos postos a disposición da clientela e das persoas usuarias na súa navegación polo espazo web de entradaslugo.es. Non obstante, o Concello non pode garantir a ausencia de erros técnicos, virus ou outros elementos lesivos, introducidos por terceiras persoas, que puidesen causar danos ou alteracións no sistema informático. Polo tanto, o Concello non responderá polos danos e perdas que tales elementos lle puidesen ocasionar á clientela ou ao persoal usuario.

De igual modo, e a causa da natureza do anteriormente exposto, o Concello resérvase o dereito a proceder á interrupción temporal dos servizos ofertados en entradaslugo.es co obxecto de proceder a solucionar as incidencias anteriormente descritas ou por calquera outro motivo que considere oportuno. Así mesmo, o Concello queda excluído de calquera responsabilidade polos danos e perdas de toda natureza que puidesen producirse a clientela ou a persoas a causa deste feito.

5. Comunicación de incidencias

Calquera incidencia vinculada co uso e funcionamento do web de venda de entradas deberá notificarse mediante uso do formulario habilitado na web que se atopa na zona privada de usuario "A miña conta" no apartado "Axuda e soporte". Deberá indicar a razón e o número de orde de compra en caso de ser necesario. Se non pode acceder por formulario tamén pode escribir un correo electrónico a [email protected], indicando no asunto "Notificación incidencia servidor venda de entradas"; unha vez recibido o aviso, o persoal xestor da plataforma de venda de entradas porase en contacto coa persoa usuaria a través do medio que indique esta. Na comunicación da incidencia debe achegar datos como nome e apelidos, correo electrónico de contacto e teléfono, número de orde de compra ademais de relatar a incidencia.

6. Política de devolucións

Non está autorizada a devolución do importe de entradas previamente adquiridas. A imposibilidade de asistir a un evento ou espectáculo, ou a comisión dun erro por parte das persoas interesadas ao realizar a adquisición de entradas non son motivos que xustifiquen a súa devolución. A persoa usuaria non poderá exercitar o dereito de desistencia nin de resolución, de acordo coa normativa vixente en materia de consumo e de ordenación do comercio de venda polo miúdo.

Cancelación dun espectáculo

No caso de cancelación dun espectáculo, a devolución efectuarase dentro do prazo de trinta días desde a data da comunicación pública da suspensión do espectáculo.

  1. Para as entradas mercadas online, a devolución do importe realizarase de oficio automaticamente á tarxeta bancaria coa que se realizou a compra. Para verificar o aboamento, a persoa usuaria debe consultar o extracto da tarxeta bancaria (débito ou crédito) utilizada para a compra.
  2. Para as entradas mercadas en taquilla*, a devolución do importe realizarase de oficio automaticamente á tarxeta bancaria coa que se realizou a compra. Para verificar o aboamento, a persoa usuaria debe consultar o extracto da tarxeta bancaria (débito ou crédito) utilizada para a compra.

* Recomendamos aos compradores de taquilla facilitar os seus datos de contacto (email e teléfono) para facilitar as comunicacións en caso de necesidade.

Cambio de data dun espectáculo

No caso de cambio de data dun espectáculo, a persoa usuaria que non poida ou desexe asistir na nova data, e sempre que non se trate dun abono para asistir a varios eventos, poderá solicitar a devolución da totalidade do importe das entradas adquiridas.

Non se permitirán devolucións parciais de entradas para o evento adiado adquiridas na mesma orde de compra. É dicir, se foron adquiridas conxuntamente varias entradas para un espectáculo aprazado, a devolución deberá solicitarse necesariamente para todas esas entradas. No caso de abonos para asistir a varios eventos, que xa levan aparellado un desconto respecto do prezo das entradas individuais, o adiamento dun espectáculo non permitirá a devolución do seu importe.

As entradas devoltas serán anuladas e postas á venda de novo.

  1. Para as entradas mercadas online, a devolución do importe realizarase na tarxeta bancaria coa que se realizou a compra. Para verificar o aboamento, a persoa usuaria debe consultar o extracto da tarxeta bancaria (débito ou crédito) utilizada para a compra. Para solicitar este reintegro deberá utilizar o formulario habilitado na web que se atopa na zona privada de usuario "A miña conta" no apartado "Axuda e soporte". Deberá escoller no apartado “Razón” a opción "Solicitar devolución” e engadir o número de orde de compra sobre a que o solicita así como os motivos no apartado “Detalle”.
  2. Para as entradas mercadas en taquilla, a persoa usuaria debe dirixirse ao punto de compra coa tarxeta bancaria utilizada no seu día e realizar os seguintes pasos:
    • Acudir á taquilla onde se fixo a compra (Auditorio Municipal Gustavo Freire ou Oficina Municipal de Turismo) durante o horario de apertura correspondente.
    • Cubrir e asinar un formulario solicitando a devolución do importe. Pode descargar o modelo desde aquí.
    • Entregar as entradas na taquilla.
    • Facilitar a tarxeta bancaria para rexistrar a operación de aboamento.
    A devolución do importe realizarase á mesma tarxeta bancaria coa que se realizou a compra. Para verificar o aboamento, a persoa usuaria debe consultar o extracto da tarxeta bancaria (débito ou crédito) utilizada para a compra.

7. Propiedade intelectual

O Concello posúe todos os dereitos sobre o contido, deseño e código fonte do sitio entradaslugo.es e, en especial, con carácter enunciativo pero non limitativo, sobre as fotografías, imaxes, textos, logos, deseños, marcas, nomes comerciais e datos que se inclúen nela.

Advírteselles á clientela e ás persoas usuarias de que tales dereitos están protexidos pola lexislación vixente española e internacional relativa á propiedade intelectual e industrial.

Así mesmo, e sen prexuízo do anterior, o contido do sitio entradaslugo.es tamén ten a consideración de programa informático, e, polo tanto, resúltalle tamén de aplicación toda a normativa española e comunitaria europea vixente na materia.

Queda expresamente prohibida a reprodución total ou parcial de entradaslugo.es e de calquera dos seus contidos, sen o permiso expreso e por escrito do Concello. Así mesmo, queda totalmente prohibida a copia, reprodución, adaptación, modificación, distribución, comercialización, comunicación pública e/ou calquera outra acción que comporte unha infracción da normativa vixente española e/ou internacionais en materia de propiedade intelectual e/ou industrial, así como o uso dos contidos de entradaslugo.es se non é coa previa autorización expresa e por escrito do Concello.

O Concello informa de que non concede licenza ou autorización implícita ningunha sobre os dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial ou sobre calquera outro dereito ou propiedade relacionado, directa ou indirectamente, cos contidos incluídos en entradaslugo.es. Tan só se autoriza a utilización dos contidos do dominio web con fins informativos e de servizo, sempre que se cite ou se faga referencia á fonte. O usuario ou a usuaria será a única persoa responsable do seu mal uso.

8. Lexislación aplicable e modificación das condicións xerais

Estas condicións xerais foron elaboradas de conformidade co establecido na Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, na Lei 7/1998 sobre condicións xerais de contratación, no Real decreto 1906/1999 polo que se regula a contratación telefónica ou electrónica con condicións xerais en desenvolvemento do artigo 5.3 da Lei 7/1998, na Lei 26/1984 xeral para a defensa dos consumidores e usuarios, e na Lei 7/1996 de ordenación do comercio de venda polo miúdo, e cantas disposicións legais resulten de aplicación.

O Concello resérvase o dereito de modificar, en calquera momento, a presentación e configuración do sitio entradaslugo.es, así como estas condicións xerais de uso e venda de entradas. Por iso, o Concello recoméndalles á clientela e á persoa usuaria a súa consulta cada vez que acceda ao sitio web entradaslugo.es.

A clientela e as persoas usuarias sempre disporán destas condicións xerais de uso e venda de entradas nun sitio visible, libremente accesible para cantas consultas queiran realizar. En calquera caso, a súa aceptación será un paso previo e indispensable na adquisición de calquera localidade dispoñible a través de entradaslugo.

Se calquera cláusula incluída nestas condicións xerais fose declarada, total ou parcialmente, nula ou ineficaz, tal nulidade ou ineficacia afectará tan só á devandita disposición ou á parte desta que resulte nula ou ineficaz, e subsistirán as condicións xerais en todo o demais, e terase tal disposición, ou a parte desta que resultase afectada, por non posta.