Bono Teatro Clásico 2019

Bono Teatro Clásico 2019

Disfruta de las 4 obras principales del Programa Artes Escénicas 2019

Todas las obras incluidas se representan en el Auditorio Gustavo Freire a las 20:30h del día señalado.

INCLUYE ENTRADAS PARA LAS OBRAS:

  • 09 de Febrero: FEDRA.
  • 13 de Abril: REY LEAR.
  • 02 de Mayo: COMMEDIA.
  • 25 de Mayo: DIONISIO.

 

9 de febreiro ás 20.30 horas

PENTACIÓN ESPECTÁCULOS

FEDRA

de Paco Bezerra

Dirección: Luis Luque

Elenco artístico: Lolita Flores, Juan Fernández, Críspulo Cabezas, Eneko Sagardoy e Tina Sáinz.

Duración: 90 minutos

 

A OBRA: Fedra, a raíña da Illa do Volcán, está enferma: nin come nin fala nin dorme. Os médicos son incapaces de averiguar a orixe do seu padecemento e o país enteiro anda preocupado polo seu estado de saúde. Algúns din que se volveu tola. Outros, que as longas ausencias do seu home, o rei da illa, remataron por devastar e asolar o seu corazón. Pero ninguén coñece a verdade e todos se equivocan. E é que a gran responsable da doenza de Fedra non é outra ca unha paixón que a atormenta desde hai tempo e que xan on pode reprimir máis: un erotismo inmoral e impúdico, un desexo violento e indómito, un amor prisioneiro e indecente.

Atrévete a amar.

O amor, en moitos casos, é sinónimo de dita e felicidade pero, noutros, é tamén tormento e grandísima condena (en especial, cando namoras da persoa que non debes). Pero, cómo actuar cando a razón e o desexo entran en conflito? É máis xusto atender ao que nos presenta o cerebro ou ao que demanda o corazón? Qué debería pesar máis: pensar ou sentir?

Tradicionalmente, este é o conflito interno ao que sempre tivo que enfrontarse Fedra, unha personaxe que, atrapada nas redes da traxedia, debátese e non se pode decidir. E isto mesmo é o que a rematou convertendo nunha personaxe un tanto inactiva; alguén que, incapaz de elixir, decídese por darlle a man á morte coma a mellor das opcións.

O que se quixo con esta Fedra é sacar á personaxe dese letargo no que sempre se encontrou para crear unha muller máis combativa e con menos medo; unha persoa que, fuxindo da traxedia, se mergulle de cheo nela e pelexe fronte a fronte; unha muller exenta de culpa, capaz de loitar polo que quere e que, ante todo, se atreva a amar.

Por iso, a escenografía elixida é un lugar emocional, un lugar tan grande coma un volcán na metade dunha illa rodeada por un mar antigo. Un espazo que é unha fenda no peito, un oco pol que se saíu o corazón da nosa protagonista. Unha posta en escena onde as artes visuais e a música serán vehiculares desta historia violenta. Unha Fedra contemporánea que nos veña falar sen atrancos e sen temor da liberdade de amar. Entender as razóns do seu corazón para aprender a respectarnos e, desta forma, mellor amarnos. Converter o noso auditorio no peito de Fedra e refuxiarnos nel. O volcán está a punto de entrar en erupción!

 

 

 

13 de abril ás 20.30 horas

ATALAYA

REY LEAR

Dirección: Ricardo Iniesta

Elenco artístico: Carmen Gallardo, Joaquín Galán, María Sanz, Raúl Vera, Elena Aliaga, Silvia Garzón, Lidia Mauduit, José Ángel Moreno, Javi Domínguez.

Duración: 100 minutos

A OBRA: “Rey Lear" baséase nun conto popular que aparece incorporado á historia antiga de Inglaterra desde o século XII. Contanlas crónicas que o vello Lear quixo coñecer  o grao de afecto das súas tres fillas para designar sucesora a quen máis o quixera. Dúas desfixéronse en gabanzas e a menor contestoulle que o quería como pai e nada máis. Pareceulle pouco ao rei, que a castigou. O tempo e as peripecias virían demostrar máis tarde que era a única digna do trono que, por fin, tras unha guerra coas irmás, conseguiu. Shakespeare amplía e transforma a trama, infundíndolle unha visión persoal. Paralelamente á propia historia de Lear, plasma a de Gloucester e os seus fillos. O resultado supón unha experiencia extrema de dor, loucura e destrución expresada cruamente e sen reservas.

 

 

2 de maio ás 20.30 horas

CONTRA PRODUCIÓNS

COMMEDIA

Dirección: Cándido Pazó

Elenco artístico: Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Nuria Sanz, Sergio Zearreta, Avelino González, César Goldi.

Duración: 90 minutos

A OBRA: Arlecchino encontra unha carta de amor no mandil da súa muller e, erradamente, pensa que ela o engana. Quere matarse, pero deteno unha misteriosa voz que lle dá un anel máxico que fai perder a memoria a quen o pon. Arlecchino esquéceo todo, pero tamén a noción das convencións sociais.

Humor, acrobacias, música en directo, diálogos mordaces, teatro físico, canto e baile sucederanse entre divertidos equívocos e enxeñosos enredos arredor do amor romántico e dos riscos da sinceridade, coa participación das principais figuras da “commedia dell´arte”: o cutre taberneiro, o pedante Dottore, o avaro Pantalone, o fanfarrón Capitano, a encantadora Arxentina…

Vinte e cinco anos despois da súa primeira estrea, un dos fitos do teatro galego polo éxito e repercusión que tivo hai 25 anos na escena galega e pola súa presenza en escenarios de España e mesmo internacionais. A compañía Contraproducións revisita esta explosiva obra co mesmo director, Cándido Pazó, e case o mesmo equipo creativo, celebrando esa festa teatral.

 

25 de maio ás 20.30 horas

COMPAÑÍA DE DANZA-TEATRO DE RAFAEL AMARGO

DIONISIO, LA VID… Y MIL NOCHES

Dramaturxia e dirección: Isdel Pablo Mori.

Dirección, espazo e imaxes: Rafael Amargo.

Intérpretes: Rafael Amargo, Hernán Piquín, Luciana Bongianino, Lucía Ruibal, Cecilia Sarli, Iñaki Márquez, Carlos Fuentes, Agustín Barajas, Benjamín Leiva, Rosana Romero, María Sandra Hita, J. C. Sánchez Quesada, J. Carlos Nieto, Laura Llauder, Juan Manzano, Diana Noriega, Álex Zapata, Nora, Amador Piulestan, Mario Parrana, Tomatito fillo, Lucky Losada, Antonio Losada, Carmina Cortés, Genara Cortés, Ángela Bautista, Kiki Cortiñas, Morenito de Illora, Morenito hijo.

Duración: 90 minutos

Idade recomendada: a partir de 16 anos

 

A OBRA: Dionisio é o deus grego do teatro, o viño, a éxtase e a fertilidade. De

 todos os inmortais que integraban o convencional panteón helénico, é con moito o que gozou de máis longa vida; a súa presencia está xa testemuñada nos primeiros documentos escritos en lingua grega (as tabliñas micénicas de hai máis de tres mil anos) e perdura ata os nosos días na filosofía de Nietzsche (O nacemento da traxedia), a novela de Thomas Mann (Morte en Venecia), a película de Visconti (Teoreme) ou a novela de Vargas Llosa (Lituma nos Andes).

Dionisio concédenos aos humanos a felicidade suprema da bacanal que nos conduce a “poñer as almas en común”.

Dionisio chorrea sobre a terra viño e ábrelles aos humanos o seu paraíso salvaxe, a alteridade, o que está prohibido. Dáselles a todos (homes e mulleres); é o deus á vez transgresor, pero tamén a chama viva que busca a paz. É un deus errante que navega sen rumbo, xerador de danzas frenéticas, pero tamén é o perseguido, o doente ou o moribundo, e todos os que o acompañan e son rozados polo seu amor deben compartir con el o seu tráxico? sino.

Dionisio celebrou o seu último nacemento, xerando utopías que oscilan entre a sabedoría tráxica e o nihilismo narcótico, pero sempre renace con Eros en forma de luz.

Cando el guía, a terra baila.

Prezo:
  • Precio: 25,00 €

Compra de bonos

Non quedan bonos disponibles