
Familiar
Arlequina
Programación familiar en convenio coa Agadic
- Campaña
- Artes Escénicas 2019
- Lugar
- Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
- Duración
- 60 minutos
- Numerada
- Non
MONICREQUES DE KUKAS
ARLEQUINA
Dirección: Isabel Rey e Kukas
Elenco artístico: Jorge Casas Caneiro, Isabel García Coldeira, Borxa Insua Lema, Marcelino de Santiago, Larraitz Urrozola Tolosa, Ero Vázquez Cabrera, Músicos Joan Ibáñez, Benjamín Iglesias, Alex Salgueiro, Antonio Suárez e David Villa.
Duración: 60 minutos
Dirixido a público infantil a partir de 4 anos, ata 100.
A OBRA: Espectáculo de gran formato dirixido a todos os públicos que combina o traballo de actor e a pantomima coa animación de marionetas e a maxia coa música en directo nun espazo escénico polivalente e suxestivo no que todos os elementos forman parte da divertida, misteriosa e trepidante aventura que supón a viaxe dunha peculiar e curiosa marioneta chamada Arlequina na busca da súa identidade contando para iso coa axuda de Marchelino, un vello e estrafalario artista e titiriteiro.
Con este espectáculo créanse sinerxias de colaboración e creación con e entre diferentes artistas que nos últimos anos teñen traballado en diferentes espectáculos dos Monicreques de Kukas e que ao mesmo tempo manteñen liñas de traballo propias como Zoar Ensemble, Teatro de marionetas Trécola, Títeres Alakrán, Jorge Casas Caneiro, Miguel Cabaleiro e Larraitz Urruzola para coa súa achega propia e baixo a dirección escénica e artística de Isabel Rey e Marcelino de Santiago crear un espectáculo cunha posta en escena moi coidada tanto dende o punto de vista dos recursos plásticos como dos musicais, sonoros, luminosos, técnicos e escénicos co que celebrar e festexar o 40 aniversario da compañía.
No ano 1979 Marcelino de Santiago e Isabel Rey fundan Os Monicreques de Kukas, a compañía de teatro de marionetas máis antiga de Galicia e unha das máis estables do teatro galego.
+ info
010 ou desde fóra de Lugo, 982 297350
www.lugo.gal
RR.SS. Concello
Neste primeiro semestre haberá outras programacións que se difundirán a través da web www.lugo.gal e terán programa propio coma o ciclo MilhSons, Semana da Danza, LugoMáxico, Entroido, Semana Santa, Teatro Universitario, Encontro de Danza, etc.
Prezo:
- Precio A: 4,00 €
- Precio B: 4,00 €
Próximas sesións:
Inicia sesión para mercar entradas
A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.
Rexístrate para poder mercar entradas
O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:
- Ter acceso a tódolos eventos
- Comprar entradas con antelación
- Ter históricos dos eventos
- Compra rápidas sen esperas
- Imprimir as entradas dende a tú casa
- Leer condicións de uso