Cubo

Familiar

Cubo

Elefante Elegante

Campaña
Programación 2022
Lugar
Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
Duración
45 minutos
Numerada
Si

Teatro familiar. Recomendada público infantil de máis de 3 anos.

  • Dirección: Gonçalo Guerreiro, María Torres e Pablo Sánchez.
  • Elenco artístico: María Torres e Gonçalo Guerreiro.

 “Urxe vivir a propósito, como só os soñadores viven!”

C U B O é unha creación destinada ao público infantil e familiar a partir dos 3 anos. O espectáculo ten orixe na abstracción da figura xeométrica do cubo e parte da situación de confinamento que todos vivimos para evocar a amizade, as separacións, a necesidade de descubrir o mundo e a aventura de medrar.

C U B O é un xogo e un xoguete cheo de fantasía, humor e poesía visual. 

En escena, un cubo de 2 metros de lado onde habitan dous personaxes interpretados por María Torres e Gonçalo Guerreiro. Xogan, cantan, rin, pelexan e berran. Un día decátanse de que queren ir máis lonxe e descubrir o mundo enteiro. Sempre estiveron de acordo ata hoxe, mais no momento de elixir o seu destino non son quen de chegar a un consenso. Un quere viaxar cara a un lado en busca de preguntas e o outro quere buscar respostas na dirección oposta. Que solución atoparán? Norte, sur, leste ou oeste? Xuntos ou separados? “Apetece caer para riba ata un lugar descoñecido sen precisarmos de mapas para subir montañas, nin indicacións para abrir e pechar portas de castelos imaxinarios! Como xogar a un novo xogo... e saltar á primeira paisaxe!”

 

INFORMACIÓN ADICIONAL

A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

IMPORTANTE: NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ COMEZADA A FUNCIÓN, NIN CON COMIDA E BEBIDA.

PROHÍBESE A TOMA DE FOTOGRAFÍAS E GRAVACIÓN DO ESPECTÁCULO, TANTO NO QUE SE REFIRE A SON COMA A IMAXE, A EXCEPCIÓN DOS MEDIOS GRÁFICOS PREVIAMENTE AUTORIZADOS.

+ info

010 ou desde fóra de Lugo, 982 297350

www.lugo.gal

RR.SS. Concello

Prezo:
  • Precio A: 3,00 €
  • Precio B: 3,00 €
Próximas sesións:
  • 13 de feb. de 2022 18:30

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!