
Outros
EMIGRANTAS
CIA KIRENIA MARTINEZ
- Campaña
- LED Lugo en Danza
- Lugar
- Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
- Duración
- 55 minutos
- Numerada
- Si
"E_migrantas"; é unha danza sobre a última diáspora galega interpretada por EstherLatorre e David Loira que vivencian a experiencia persoal e colectiva da emigración eo retorno da última diáspora. Na pasada década 47.105 persoas entre os 20 e os 39anos abandonaron Galicia na procura contextos laborais máis favorables.Un grupo demulleres creamos “Emigrantas”, unha peza de danza para bailar datos, estatísticas,poemas, vivencias, intuicións e posibilidades... elementos cos que tecimos un ensaiobailado sobre a actual diáspora galega. O motor das “Emigrantas“ é pensar a últimavaga migratoria en complicidade con comunidades galegas no exterior e comunidadesmigrantas na Galicia interior para participar unha peza que nos leve a pensar xuntas opresente do fenómeno migratorio.
Kirenia Danza é unha compañía galega de danza, fundada en 2019 por Kirenia Martínez Acosta, coreógrafa, bailarina e actriz, quén codirixe tamén a Cía. Entremáns desde 2006.
En 2019 a compañía debutou con “E-migrantas”, estreada en Londres, Madrid eCompostela. Esta primeira peza é unha coprodución do Centro Coreográfico Galego(CCG). Neste mesmo 2019 a Cía. Kirenia Danza foi tamén apoiada cunha Axuda de Creación Escénica AGADIC para a secuela e segunda entrega da triloxía destas E-migrantas: “Os coidados/Primeiro a vida”, peza recén estreada na que participa omesmo equipo creativo coa incorporación do actor Xoel Ávarez.
Neste 2021 a compañía desenvolve unha residencia no Courel e está a crear unhanova peza, "Tres tristes 2.0", tamén coproducida polo do Centro Coreográfico Galego (CCG), en colaboración co coréografo sueco Miguel Azcue e que ten previda a súaestrea en Malmoe, Suecia para este verán.
Creación e dirección: Kirenia Martinez Acosta
Interpretación: David Loira e Esther Latorre
Composición musical: Bruno Baw
Vestiario: Jandro Vila
Textos: Branca Novoneyra
Obras para público adulto:
5 €. Desconto do 30 % para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociados á AAAG.
*Dúas por usuario.
FORMA DE ADQUISICIÓN:
ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.
IMPORTANTE: NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ COMEZADA A FUNCIÓN, NIN CON COMIDA E BEBIDA.
PROHÍBESE A TOMA DE FOTOGRAFÍAS E GRAVACIÓN DO ESPECTÁCULO, TANTO NO QUE SE REFIRE A SON COMA A IMAXE, A EXCEPCIÓN DOS MEDIOS GRÁFICOS PREVIAMENTE AUTORIZADOS.
+ info
010 ou desde fóra de Lugo, 982 297350
www.lugo.gal
RR.SS. Cultura e Turismo de Lugo.
Prezo:
- Precio A: 5,00 €
- Precio B: 5,00 €
Próximas sesións:
- 30 de abr. de 2021 20:00
Inicia sesión para mercar entradas
A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.
Rexístrate para poder mercar entradas
O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:
- Ter acceso a tódolos eventos
- Comprar entradas con antelación
- Ter históricos dos eventos
- Compra rápidas sen esperas
- Imprimir as entradas dende a tú casa
- Leer condicións de uso