EntreSoños

Outros

EntreSoños

Programación de adultos en convenio coa Agadic

Campaña
Artes Escénicas 2019
Lugar
Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
Duración
70 minutos
Numerada
Si

FRAN SIEIRA

ENTRESOÑOS

Dirección: Fran Sieira e David Vilarinyo

Elenco artístico: Fran Sieira, Xisco Feijóo e Aida Tarrío.

Duración: 70 minutos

 

A OBRA: EntreSoños é unha obra de baile e música tradicional galega de 70 min de duración, cun elenco artístico de 3 bailadores/cantadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos, todo isto dentro dun marco escénico deseñado por Vanesa Hernández (escenografía) e Luis Perdiguero ( iluminación), e vestiario deseñado por Alessio Meloni, e dende unha visión contemporánea a través dos ollos do director artístico David Vilariño (bailarín contemporáneo e coreógrafo).

Nesta obra poderemos ver en escena a figura dunha persoa deitada, inmersa nun profundo soño. Pero lonxe de conseguilo é invadida por milleiros de pensamentos e inquedanzas. Dentro dos seus soños cobra vida esa valentía por conseguir todo o que se propoña, pero tamén o fan as súas debilidades, medos e frustraccións. Unha loita por alcanzar ou dar vida a eses soños que nunca puido ou se atreveu a levar a cabo, á vez que os medos e inseguridades o invaden dicíndolle que non son máis que soños  que desaparecerán cando esperte… escenificando deste xeito encrucilladas nas que cada un de nós nos vimos envoltos nalgún momento das nosas vidas. Esas ganas de perseguir os nosos soños e inquedanzas e eses medos que nos paralizan e non nos deixan avanzar…

 

+ info

010 ou desde fóra de Lugo, 982 297350

www.lugo.gal

RR.SS. Concello

 

Neste primeiro semestre haberá outras programacións que se difundirán a través da web www.lugo.gal e terán programa propio coma o ciclo MilhSons, Semana da Danza, LugoMáxico, Entroido, Semana Santa, Teatro Universitario, Encontro de Danza, etc.

 

Prezo:
  • Precio A: 10,00 €
  • Precio B: 8,00 €
Próximas sesións:
  • 27 abr, 2019 20:30

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!