“MERCEDES E MAIS EU” de Janet Novás.

Outros

“MERCEDES E MAIS EU” de Janet Novás.

Danza contemporánea.

Campaña
LED Lugo en Danza
Lugar
Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
Duración
70 minutos
Numerada
Si

“MERCEDES E MAIS EU” de Janet Novás.

Danza contemporánea.

Duración: 70 minutos

20.30 horas

Elenco artístico

Dirección / Janet Novás / Creación e interpretación: Mercedes Peón e Janet Novás / Acompañamento artístico: Ricardo Santana e Pablo Esbert / Composición musical, concepto e letras: Mercedes Peón / Coreografía: Janet Novás. Deseño de iluminación: Cristina Bolívar / Son: Ezequiel Orol / Coprodutores: Comunidad de Madrid / Co apoio de: Centro Danza Canal, Graner Centro de Creació, Sede Losdedae, compañía residente en Alcalá de Henares. 

 

 “Mercedes e mais eu” é produto da colaboración entre a artista Janet Novás e a compositora Mercedes Peón. Tras varios encontros de improvisación en contextos e espazos moi heteroxéneos, onde as dúas artistas exploran as relacións particulares que existen e que se establecen entre “a súa danza e a súa música”, xorde a necesidade e o desexo de profundizar, entender, organizar ou escribir e dedicarlle un tempo de “estudio” a dita relación. Desta forma, entre instrumentos, recordos, cancións e bailes comezan a aflorar conceptos da bagaxe de ambas e en diferentes estados de latencia. Algúns deles de gran contido socio-político: identidade, pertenza, sonoridade, creación colectiva, xénero... e subxacen na maior parte dos materiais, desde os “obxectos” musicais aos danzísticos ou biográficos. Outros, conceptos somáticos ou experiencias cuánticas: transo, enerxía, vibración... e aparecen nos pulsos, os ritmos e os tons, nas voces e nas dinámicas, nos silencios, nas formas. O traballo é ademais unha proposta sutil sobre o común sensible, e unha aposta polo facer/saber artístico.    

 

 

QUE É LED Lugo en Danza?

 

LED Lugo en Danza é un ciclo de programación e mediación cultural ao redor da danza e as artes do movemento.

No primeiro LED, que nace en 2020, haberá un total de oito propostas escénicas  de xaneiro a maio, cunha selección principalmente de produción  galega. Queremos apostar  polo  traballo das artistas da nosa comunidade, abrindo un novo espazo para a difusión das súas pezas.

Queremos ser inclusivos á  hora de seleccionar ás artistas, co fin de ofrecer opcións  diversas, ampliando así o acceso dos lucenses ao dereito á  cultura no campo dá danza contemporánea e  as artes  do  movemento.

 

O proxecto complétase con diversas iniciativas de mediación coa idea de establecer pontes e vías de comunicación con diferentes  comunidades  dentro e fóra do auditorio, en relación ao corpo e a creación contemporánea.

Así con esta idea cada unha das artistas convidadas ofrecerá un taller aberto previa á función e mensualmente haberá charlas divulgativas en diferentes espazos da cidade. Ademais lanzaremos a proba piloto dun taller de público no mes de maio e un espazo de recomendación de lectura na nosa web.

Esperamos que en breve  Led ilumíne a todas e todos.    

 

DE DENTRO A FÓRA

 De dentro a Fóra é unha proposta para achegarse ao traballo creativo dende o corpo. As e os artistas convidados ao LED compartirán durante dúas horas o seu traballo nunha acción práctica cos diferentes colectivos da cidade. Obradoiros de 2h abertos a todas as persoas interesadas previa inscrición. 

9 XANEIRO

CDAN LUGO 18.00-20.00h

 

Enlace para inscrición

https://forms.gle/eJqA7UDo1JBUFUdX6

JANET NOVÁS // voz e corpo

Interesada na exploración de texturas e da súa tradución en enerxía, vibración e imaxes, a creadora propón un traballo de xogos sonoros dende o movemento, utilizando a voz como o canal que nos conecta co sensible e que desvela a memoria que conteñen os nosos corpos.

Aberta a todas as persoas interesadas previa inscrición.

 

6 FEBREIRO

MIHL 18.00H

 

TRASPEDIANTE

7 MARZO

11.00 /13.00 MIHL

BEATRIZ DEL MONTE

2 ABRIL

 

 

 

DIEGO M. BUCETA // Todos os corpos

23 ABRIL (SEMANA DA DANZA)

 

NOVAGALEGADEDANZA* LEIRA

28 MAIO

MIHL 20- 21.30h

ANDRES CORCHERO* HARA

 

DIVULGACIÓN

Buscamos cómplices  porque sabemos do poder transformador da arte  e queremos que chegue a todos os recunchos da cidade. A equipa de divulgación de LED, dará charlas en diferentes espazos da cidade, sobre a danza contemporánea e o corpo como ferramenta creativa. 

Se estás interesada en compartir corpo no teu lugar de traballo ponte en contacto con nós [email protected]

 

 

 

 

FORMA DE ADQUISICIÓN:

ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na  Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo. 

* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

 

IMPORTANTE: NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ COMEZADA A FUNCIÓN, NIN CON COMIDA E BEBIDA.

PROHÍBESE A TOMA DE FOTOGRAFÍAS E GRAVACIÓN DO ESPECTÁCULO, TANTO NO QUE SE REFIRE A SON COMA A IMAXE, A EXCEPCIÓN DOS MEDIOS GRÁFICOS PREVIAMENTE AUTORIZADOS.

 

+ info

010 ou desde fóra de Lugo, 982 297350

www.lugo.gal

RR.SS. Concello

Prezo:
  • Precio A: 5,00 €
  • Precio B: 5,00 €
Próximas sesións:

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!