
Outros
"Nó"
Cia Elahood
- Campaña
- CICLO LED 2022
- Lugar
- Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
- Duración
- 60 minutos
- Numerada
- Si
“Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é” esta frase sitúase como punto de partida da nova creación da compañía Elahood. Unha proposta de danzas urbanas baixo unha mirada de creación contemporánea en co-produción co Centro Coreográfico Galego | Agadic. O proxecto Nó lanza unha mensaxe contradictoria e anima aos públicos a descifrala por elxs mesmxs. Mentres a compañía afirma “non ter nada importante que dicir”, na súa peza vense mensaxes rotundas que atenden ás necesidades e carencias da situación socio-económica actual. A precaridade laboral, a identidade de xénero ou as novas tecnoloxías, son algunhas das temáticas polas que transita a peza, unha dramaturxia que se achega aos discursos que ocupan o debate actual, anticipando unha ruptura cunhas formas de facer preestablecidas.
O espectáculo conta coa estética máis característica da compañía, unha danza precisa, limpa e extremadamente coordinada que atende a unha musicalidade concreta. A compañía continúa a súa aposta particular por unha linguaxe visual e coidada, que neste espectáculo abraza a presenza do texto, a voz e a ironía.
Onde reside a importancia do importante?
Debemos subirnos a un escenario sempre coa resposabilidade de defender un discurso?
Nó é un collage que parte da intuición más naif de dúas mulleres galegas que se rinden a ter que ser importantes. Unha proposta escénica contemporánea que invita á reflexión colectiva das preocupacións actuais.
FICHA ARTÍSTICA
- Título da peza: NÓ
- Compañía: Elahood
- Dirección: Julia Laport, Sabela Domínguez e Kerick Sandy MBE
- Coreografía: Julia Laport, Sabela Domínguez e Aina Lanas
- Interpretación: Julia Laport e Sabela Domínguez
- Espazo sonoro: LLXNTO e Bruno Baw
- Deseño de iluminación: Afonso Castro
- Escenografía e atrezzo: Anahí Taraburelli
- Grabación e edición de vídeo: Iria Casal
- Produción: Elahood e Sabela Ramos
- Asistencia de produción: Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea
Unha co-produción entre o Centro Coreográfico Galego | Agadic e Elahood Co apoio do Concello de Oleiros e a Asociación Cultural Manicómicos
Prezo:
- Precio A: 5,00 €
- Precio B: 5,00 €
Próximas sesións:
- 17 de xuño de 2022 20:00
Inicia sesión para mercar entradas
A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.
Rexístrate para poder mercar entradas
O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:
- Ter acceso a tódolos eventos
- Comprar entradas con antelación
- Ter históricos dos eventos
- Compra rápidas sen esperas
- Imprimir as entradas dende a tú casa
- Leer condicións de uso