
Teatro
CASA O’REI
de Santiago Cortegoso
- Campaña
- XX Mostra de Teatro Clásico
- Lugar
- Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
- Duración
- 95 minutos
- Numerada
- Si
IBUPROFENO TEATRO
Dirección: Santiago Cortegoso
Intérpretes: Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Raquel Espada, Víctor Mosqueira, Santiago Cortegoso e Xosé M. Esperante
Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobiada con fel.
Unha vez que se ausenta o único nexo que mantiña unida a familia, todo se esfarela. Os principios morais volatilízanse. Non se respectan os pratos tradicionais, pero tampouco se respectan as relacións matrimoniais, nin se conteñen os desexos sexuais. Todos os impulsos que estaban latentes desátanse ante a ausencia da autoridade que os contiña. Esta decadencia impregna as personaxes. Todas e todos están frustrados. Todas e todos quererían outra vida.
SISTEMAS DE VENDA
BONOS: Na Oficina de Turismo, praza do Campo, núm. 11 , no seu horario de apertura habitual, ou a través do portal web entradaslugo.es ata o 5 de marzo. Tfno. de contacto da Oficina de Turismo: 982 251658.
ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no Auditorio Municipal Gustavo Freire, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.
IMPORTANTE: NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ COMEZADA A FUNCIÓN, NIN CON COMIDA E BEBIDA.
PROHÍBESE A TOMA DE FOTOGRAFÍAS E GRAVACIÓN DO ESPECTÁCULO, TANTO NO QUE SE REFIRE A SON COMA A IMAXE, A EXCEPCIÓN DOS MEDIOS GRÁFICOS PREVIAMENTE AUTORIZADOS.
+info:
www.lugo.gal
ou no teléfono do Concello 010
982 297 350 (dende fóra de Lugo)
Prezo:
- Precio B: 6,00 €
- Precio A: 8,00 €
Próximas sesións:
Inicia sesión para mercar entradas
A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.
Rexístrate para poder mercar entradas
O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:
- Ter acceso a tódolos eventos
- Comprar entradas con antelación
- Ter históricos dos eventos
- Compra rápidas sen esperas
- Imprimir as entradas dende a tú casa
- Leer condicións de uso