“CHOLA A IT GIRL” de Artesacía

Teatro

“CHOLA A IT GIRL” de Artesacía

Campaña
Programación 2020
Lugar
Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
Duración
60 minutos
Numerada
Si

“CHOLA A IT GIRL” de Artesacía

Duración: 60 minutos

18.30 horas

Dirección e elenco artístico

Laura Villaverde

Chola, mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ao máis puro estilo de show escénico youtuber. A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estrategias para poder descubrir quén somos, qué nos gusta, qué nos divirte… e, sobre todo, saber recoñecer de ónde vimos.

Para todo isto, axudarase de vídeos exclusivos, proxectados con técnica de vídeomapping, desafíos en vivo, consellos automobilísticos e dunha gran dose musical. Cando parece que o show envolve a escena, revélase nun descoido de Chola no medio do show un cadalsito que sae do maleteiro do coche, no que está o cadáver de Lito. A través dun diálogo Chola deixa entrever ao público un outro traballo non tan glamoroso. E é a partir de aquí onde Chola revela a súa connotación de It girl con enxeño, humor e personalidade reflectando a súa realidade imperfecta, que está fóra dos canons da imaxe actual da felicidade e do que debería ter éxito virtual. Manifestará a importancia da sabedoría popular e do uso das novas tecnologías a través das diversas situacións nas que se pode ver unha muller adiantada respecto ao tempo e a sociedade rural na que vive, polo seu inconformismo, talento, forza e personalidade pero tamén, pola súa busca incansable de posibilidades para cultivarse e aprender e, pola súa teima e constancia por fuxir dos canons actuais do que debería ser unha muller tendencia. 

 

 

 

FORMA DE ADQUISICIÓN:

ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na  Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo. 

* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

 

IMPORTANTE: NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ COMEZADA A FUNCIÓN, NIN CON COMIDA E BEBIDA.

PROHÍBESE A TOMA DE FOTOGRAFÍAS E GRAVACIÓN DO ESPECTÁCULO, TANTO NO QUE SE REFIRE A SON COMA A IMAXE, A EXCEPCIÓN DOS MEDIOS GRÁFICOS PREVIAMENTE AUTORIZADOS.

 

+ info

010 ou desde fóra de Lugo, 982 297350

www.lugo.gal

RR.SS. Concello 

  

Prezo:
  • Precio A: 5,00 €
  • Precio B: 5,00 €
Próximas sesións:
  • 16 feb, 2020 18:30

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!