Cinco horas con Mario

Teatro

Cinco horas con Mario

Pentación

Campaña
Artes Escénicas 2019
Lugar
Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
Duración
80 minutos
Numerada
Si

PENTACIÓN PRODUCIÓNS

CINCO HORAS CON MARIO

de Miguel Delibes

Dirección: Josefina Molina

Elenco artístico: Lola Herrera

Duración: 80 minutos

 

A OBRA: Estamos en marzo de 1966. Carmen Sotillo acaba de perder o seu marido Mario de forma inesperada. Unha vez que as visitas e a familia se retiraron, ela soa vela durante a última noite o cadáver do seu home e inicia con el un monólogo–diálogo no que descubrimos as súas personalidades e os conflitos do seu matrimonio.
Cunha forma entrecortada, detallista ao mínimo, reiterativa e chea de tópicos, Carmen Sotillo di cousas, manifesta sentimentos e emite xuízos que a moitas persoas hoxe lles poden parecer incribles. Pero damos fe de que esa linguaxe xistía, de que eses xuízos se emitían, de que esas “cousas” de Carmen estaban na a vida de todos os días.

“Cinco horas con Mario” é, entre outras moitas cousas, un documento vivo deses anos. Das preocupacións económicas, relixiosas, políticas, sexuais e morais entón imperantes que Delibes, a través da linguaxe da súa protagonista, deixou retratadas con nitidez, de forma que a vida española de entón chega a palpitar viva nas súas palabras.

Pero, por riba de todo esto, “Cinco horas con Mario” fálanos dos asuntos eternos do ser humano: da culpa, da soidade, da incomunicación, do sentido da vida. Como sempre en Delibes partindo dun localismo concreto encarna nas súas personaxes e nos seus conflitos as realidades más profundas e complexas que condicionan a nosa vida.

Prezo:
  • Precio A: 10,00 €
  • Precio B: 8,00 €
Próximas sesións:
  • 30 mai, 2019 20:30

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!