“Furia Necesaria” de AldaoLado.

Teatro

“Furia Necesaria” de AldaoLado.

Campaña
Programación 2020
Lugar
Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
Duración
75 minutos
Numerada
Si

“Furia Necesaria” de AldaoLado.

Duración: 75 minutos

18.30 horas

Elenco artístico

Lucía Aldao e María Lado

 

Vivimos tempos difíciles, continuamente estamos expostas a situacións que nos indignan, que claman pola nosa rebeldía e que nos dan ansias para saír á rúa a berrar ben alto a nosa rabia. Pero resulta que nestes días complexos que nos tocaron, non hai nin sequera sitio para o malestar: hai que xurar con coidado, manifestarse con condicións, facer as folgas xustas... Semella que vivimos na terra do osos amorosos, e que unha xa non se pode nin cabrear.Esta situación é a gota que colmou o vaso da paciencia de Aldaolado, que acaban de decartase do necesario que é facer un espectáculo poético sobre a indignación, o enfado, a ira, o cabreo e a mala hostia. Un espectáculo no que poder expoñer a gusto todas aquelas cousas que as enfadan, os seus pequenos e grandes odios, que son, en gran medida, os de moitas de nós.As poetas son sempre vistas como eses seres riquiños, de infinita tenrura, que só saben falar de amor -ou desamor-, pero cunha candidez propia dunha beata en proceso de canonización. Lucía Aldao e María Lado xa están fartas de cargar con esa imaxe de santiñas. Queren ter o dereito ao enfado que o riquiñismo lles nega. Queren ter un sitio onde dar renda solta ao seu malestar. Así nace Furia necesaria, unha proposta que combina lirismo e rebeldía a partes iguais, unha crítica constructiva feita dende a ironía e a retranca que as caracteriza.  

As poetas Lucía Aldao e María Lado levan xa unha longa traxectoria como escritoras e creadoras de diversos espectáculos escénicos nos que a poesía, a música en directo e o humor son a base. Nesta liña presentan Furia necesaria, un título que se opón a esa imaxe de amor e tenrura da que tanto se abusa no xénero lírico, e que as poetas toman da obra de Lois Pereiro, de quen aprenderon que a rabia tamén pode dar bos versos.

 

Descrición do espectáculo

Furia necesaria de Aldaolado, conta cunha parte importante de narración oral, durante a cal as dúas poetas presentan o tema central baseándose en historias propias e alleas. Outra parte fundamental da función é a musical, na que Lucía Aldao interpreta en directo cancións que adoitan levar aparellado o recitado de textos propios na voz de María Lado. A poesía ten tamén o seu espazo no tempo que ambas poetas dedican a recitar. Por todo isto as montaxes de Aldaolado son espazos transfronteirizos entre xéneros que pretenden comunicar a poesía e a literatura ao gran público, sempre dende un punto de vista ameno e divertido.    

 

 

FORMA DE ADQUISICIÓN:

ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na  Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo. 

* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

 

IMPORTANTE: NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ COMEZADA A FUNCIÓN, NIN CON COMIDA E BEBIDA.

PROHÍBESE A TOMA DE FOTOGRAFÍAS E GRAVACIÓN DO ESPECTÁCULO, TANTO NO QUE SE REFIRE A SON COMA A IMAXE, A EXCEPCIÓN DOS MEDIOS GRÁFICOS PREVIAMENTE AUTORIZADOS.

 

+ info

010 ou desde fóra de Lugo, 982 297350

www.lugo.gal

 

RR.SS. Concello 

 

Prezo:
  • Precio A: 5,00 €
  • Precio B: 5,00 €
Próximas sesións:
  • 22 de nov. de 2020 18:30

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!