
Teatro
Nevermore
Chévere
- Campaña
- Programación 2021
- Lugar
- Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
- Duración
- 100 minutos
- Numerada
- Si
Dirección
Xron
Elenco artístico
Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Mónica García, Arantza Villar e Borja Fernández.
Esta obra, unha coprodución de Chévere e o Centro Dramático para abrir a tempada do Teatro María Guerrero, usa a memoria dunha catástrofe ecolóxica (a do Prestige) como detonante para desenvolver unha narrativa escénica sobre o presente. A idea é seguir usando procedementos documentais para crear ficcións a partir da memoria colectiva de feitos do noso pasado recente. Neste caso dispoñémonos a comprobar a posibilidade de desvelar outras verdades ou ficcións ocultas na historia da catástrofe do Prestige, para achegarse ao que está pasando coa pandemia de Covid-19. Entender o Prestige como un aviso do que estaba por vir, do inevitable de seguir habitando a catástrofe.
Tirando dos fíos que se cruzan na experiencia de rememorar a catástrofe do Prestige, traballamos sobre a existencia de zonas sacrificadas para maximizar os beneficios; sobre o tráfico marítimo internacional como materialización e soporte da globalización; sobre a fin dos combustibles fósiles como metáfora da fin do capitalismo; sobre a capacidade das autoridades para elaborar ficcións que substitúan os feitos e o poder da autoorganización social para contrarrestar o falseamiento da realidade; sobre as teorías da conspiración como himnos ao caos; e preguntámonos qué significa implicarse como cidadáns e como artistas na construción doutras narrativas? Como nos afecta a desaparición da realidade nun mundo cada vez máis virtual e a imposibilidade de abrazarse nun escenario?
FORMA DE ADQUISICIÓN
* A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.
IMPORTANTE: NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ COMEZADA A FUNCIÓN, NIN CON COMIDA E BEBIDA.
PROHÍBESE A TOMA DE FOTOGRAFÍAS E GRAVACIÓN DO ESPECTÁCULO, TANTO NO QUE SE REFIRE A SON COMA A IMAXE, A EXCEPCIÓN DOS MEDIOS GRÁFICOS PREVIAMENTE AUTORIZADOS.
Prezo:
- Precio A: 5,00 €
- Precio B: 5,00 €
Próximas sesións:
Inicia sesión para mercar entradas
A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.
Rexístrate para poder mercar entradas
O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:
- Ter acceso a tódolos eventos
- Comprar entradas con antelación
- Ter históricos dos eventos
- Compra rápidas sen esperas
- Imprimir as entradas dende a tú casa
- Leer condicións de uso