RICARDO III de William Shakespeare

Teatro

RICARDO III de William Shakespeare

Versión libre de Miguel del Arco e Antonio Rojano

Campaña
XX Mostra de Teatro Clásico
Lugar
Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
Duración
120 minutos
Numerada
Si

 

EL PAVÓN TEATRO KAMIKAZE

Premio Nacional de Teatro 2017 

 

Dirección: Miguel del Arco 

Intérpretes: Álvaro Báguena, Chema del Barco, Israel Elejalde, Alejandro Jato, Verónica Ronda, Cristóbal Suárez e Manuela Velasco

 

 

 

Que terán as malas e os malos que nos gusta miralos? Que morbo se desata en nós como espectadoras e espectadores do mal? Que é o que fai que xeración tras xeración Ricardo III sexa unha presencia permanente sobre os nosos escenarios?
Ricardo III é unha función pragada de envexas, corrupción dunha e outra cor, loitas de poder, cobiza, injustiza, fake news, enganos políticos, intereses partidistas… Ben, o que vén sendo un día normal na vida pública española do século XXI. Miguel del Arco e Antonio Rojano adaptan libremente ao noso tempo este clásico de Shakespeare nunha versión libre –ou sería máis exacto chamarlle reescritura?– dirixida por Del Arco que lle confire máis entidade ás personaxes que rodean a Ricardo e potencia algo moi presente no orixinal: a comedia.

Ricardo arranca gargalladas, pero a risa ten un regusto xelado porque o seu humor é o mesmo ca o desa clase dirixente que mira sen empatía ningunha o mundo que pretende gobernar. O humor sobre o que se constrúe un mundo sen asomo de bondade. 

 

 

SISTEMAS DE VENDA

 

BONOS:  Na Oficina de Turismo, praza do Campo, núm. 11 , no seu horario de apertura habitual, ou a través do portal web entradaslugo.es ata o 5 de marzo. Tfno. de contacto da Oficina de Turismo: 982 251658.

 

ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na  Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no Auditorio Municipal Gustavo Freire, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

 

* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

 

IMPORTANTE: NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ COMEZADA A FUNCIÓN, NIN CON COMIDA E BEBIDA.

 

PROHÍBESE A TOMA DE FOTOGRAFÍAS E GRAVACIÓN DO ESPECTÁCULO, TANTO NO QUE SE REFIRE A SON COMA A IMAXE, A EXCEPCIÓN DOS MEDIOS GRÁFICOS PREVIAMENTE AUTORIZADOS.

 

 

 

+info:

www.lugo.gal

 

ou no teléfono do Concello 010

 

982 297 350 (dende fóra de Lugo)

Prezo:
  • Precio B: 6,00 €
  • Precio A: 8,00 €
Próximas sesións:

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!